Telleiras de Pontevedra, patrimonio vernáculo industrial en Galicia

Para a protección do patrimonio vernáculo e industrial e a intentando contribuir para a valorización do extenso e xa tan deteriorado patrimonio en Galicia, desenvolveuse esta investigación sobre as telleiras existentes na provincia de Pontevedra. As telleiras son industrias vernáculas destinadas a p...

Full description

Bibliographic Details
Main Author: Aballe Martínez, Ana Carlota (author)
Format: masterThesis
Language:spa
Published: 2015
Subjects:
Online Access:http://hdl.handle.net/10400.26/8682
Country:Portugal
Oai:oai:comum.rcaap.pt:10400.26/8682
Description
Summary:Para a protección do patrimonio vernáculo e industrial e a intentando contribuir para a valorización do extenso e xa tan deteriorado patrimonio en Galicia, desenvolveuse esta investigación sobre as telleiras existentes na provincia de Pontevedra. As telleiras son industrias vernáculas destinadas a producir tellas e ladrillos. Os cambios nas actividades industriais, provocadas polo desenvolvemento da industrialización e as diversas crises no sector, conduciron ó seu desuso e consecuente abandono, reaultando na súa case completa destrucción e no desaparecemento de unha parte importante da arquitectura vernácula e industrial da Galiza. O principal obxectivo da investigación é proporcionar coñecemento deste patrimonio vernáculo e industrial, a travé da catalogación, análise, definición de indicadores e valores, para futura intervención responsable do patrimonio cultural edificado, contribuíndo para a súa valorización e salvaguarda. No actual contexto arquitectónico non se encontran publicacións específicas referentes ás telleiras, as poucas referencias existentes son de índole histórica e etnográfica. Por este motivo, para a presente investigación foi realizada unha revisión da literatura do patrimonio vernáculo e industrial e, principalmente, foi definido o estado da arte no ámbito dos obxectivos establecidos e do obxecto en análise. Metodoloxicamente, esta é unha investigación documental de estudo comparativo de 11 casos de estudo, basada en métodos de análise cualitativa : é unha análise documental, con observación, fotografía, notas de campo e fichas de catalogación. A investigación desenvólvese en 7 capítulos, destacandose os referentes á fundamentación teórica (cap. 2 e 3), as fichas de catalogación (cap. 4), á análise dos resultados dos estudos de caso (cap. 5), permitindo unha coherente sistematización de resultados (cap. 6) e consecuente conclusión que responde os obxectivos principais (cap. 7). A investigación pretende ser un importante contributo para o coñecemento deste tipo de construción, fundamentándose na súa catalogación e a sua posterior análise para a estructuración dos seus indicadores formais, construtivos, tipolóxicos e de matriz espacial. En conclusión, contribue para a valorización e salvaguarda das telleiras da provincia de Pontevedra.