Transformación morfolóxica : Rianxo, 1956-2012

O elemento a estudar nesta Disertación é Rianxo, un concello cunha tradición tipicamente mariñeira, que sufriu durante as últimas décadas un crecemento masivo. Este período é o escolleito para a delimitación temporal do estudo a realizar. Para a elaboración deste labor foi necesario recorrer a docum...

Full description

Bibliographic Details
Main Author: Bastos González, Juan Carlos (author)
Format: masterThesis
Language:spa
Published: 2015
Subjects:
Online Access:http://hdl.handle.net/10400.26/8683
Country:Portugal
Oai:oai:comum.rcaap.pt:10400.26/8683
Description
Summary:O elemento a estudar nesta Disertación é Rianxo, un concello cunha tradición tipicamente mariñeira, que sufriu durante as últimas décadas un crecemento masivo. Este período é o escolleito para a delimitación temporal do estudo a realizar. Para a elaboración deste labor foi necesario recorrer a documentación totalmente en desuso para poder realizar unha actualización dos distintos estados polos que pasou a vila. Este documento ten unha función, non só na súa parte académica, senón como ferramenta para realizar unha recompilación de información para presentar nas distintas fases e estados do caso de estudo. Este traballo cumpre unha dupla motivación, por un lado a de coñecer os factores que interviñeron nos cambios mencionados e, por outro, a de traer para a actualidade unha serie de datos prescritos. O obxecto desta Disertación é elaborar unha análise sobre a transformación morfolóxica que veu sufrindo Rianxo a nivel urbano. Este traballo realízase coa fin de buscar os procesos que deron lugar á actual forma do caso de estudo e definir os principais elementos que determinan a súa forma na actualidade, así como indicar cal é o papel destes dispositivos que serán os que deberán ser chave para a evolución urbana no futuro. Isto é, os obxectivos que se formulan son: propor e identificar os procesos que orixinaron a actual forma, definir os elementos que determinan a actual configuración e indicar cales destes elementos terán a capacidade de recualificar este centro urbano en futuras etapas. A metodoloxía a usar na Disertación é baseada no método de estudo de caso de Rianxo, unha pequena vila do litoral galego situada no sur da provincia da Coruña. A nivel de recolla de información óptase por tres tipos de instrumentos de pescuda como son a análise documental, as entrevistas exploratorias e a observación directa sobre o caso de estudo. As principais conclusións que se poden mencionar neste punto e que van ir xerminando no transcurso do traballo son, por un lado a importancia das instalacións e recheos portuarios para o desenvolvemento da vila, tanto a nivel social como urbanístico, e por outro lado a falta de correspondencia de normativas adecuadas ás distintas necesidades que se foron despregando en Rianxo durante todo o traxecto histórico en estudo. Estas dúas grandes características serán as que vaian marcando o percorrido desta Disertación. A Disertación pode dividirse en catro partes, a primeira parte realiza un traxecto polos distintos fundamentos, conceptos e metodoloxías teóricas; a segunda é unha descrición do estudo de caso; a terceira parte é propiamente o desenvolvemento analítico de toda a información e transformación da vila; e por último, a cuarta e derradeira etapa consiste en enunciar as distintas conclusións extraídas despois de encadralas coa anterior fase de análise, pretendendo dar resposta ós distintos obxectivos enumerados inicialmente.