Resumo: | A arquitectura rural galega desde os anos 60 sufriu grandes transformacións debido a implantación de novos modelos con influencias doutros lugares traídas polos emigrantes. Novos materias, técnicas construtivas industriais e un acelerado proceso de industrialización do campo, afectará a unha transcendental crise dos valores tradicionais o que se plasmara nunha deterioración do patrimonio vernáculo. Estes cambios afectaran o entorno da casa. Propóñense uns obxectivos coa finalidade de establecer as características da arquitectura doméstica actual e dos elementos disonantes para establecer uns principios que contribúan para a rehabilitación. Procúrase identificar os procesos de transformación que afectan a casa rural da aldea de Vilar de Donas dende os seus inicios ata a actualidade. Paralelamente, analizase a lóxica de formación, evolución histórica e transformación da propia aldea. O tipo de investigación é un caso de estudio que comprende o conxunto de 14 casas pertencentes a aldea de Vilar de Donas. A metodoloxía realizase en catro fases: a planificación, a recollida e análise de datos, o tratamento dos datos e sistematización. Esta investigación estruturase en cinco partes: introdución, revisión da literatura, análise de contido, sistematización dos datos obtidos e conclusión. Este estudo pretende constituír unha aportación o coñecemento dos principais actores causantes da problemática actual e contén os elementos necesarios para identificar os elementos disonantes na arquitectura doméstica, imprescindibles para futuras intervencións que combatan o desequilibrio existente na arquitectura rural e no seu entorno. Especificamente, pretendese que a principal contribución desta investigación sexa a realización duns principios que permitan inverter o proceso de descaracterización da aldea.
|