Espazos sen memoria: os asentamentos Xudeu-conversos en Galiza

LIMIAR | Galego A cultura xudaica caracterízase por posuír unha identidade moi forte e rexida estritamente polos preceptos relixiosos. A vivencia na diáspora e a condición de minoría, levou ó pobo xudaico a loitar para que a súa identidade prevalecera a pesar da represión. Esta resistencia e a forte...

Full description

Bibliographic Details
Main Author: Iglesias, Patricia Armada (author)
Format: masterThesis
Language:spa
Published: 2021
Subjects:
Online Access:http://hdl.handle.net/10400.26/37244
Country:Portugal
Oai:oai:comum.rcaap.pt:10400.26/37244
Description
Summary:LIMIAR | Galego A cultura xudaica caracterízase por posuír unha identidade moi forte e rexida estritamente polos preceptos relixiosos. A vivencia na diáspora e a condición de minoría, levou ó pobo xudaico a loitar para que a súa identidade prevalecera a pesar da represión. Esta resistencia e a forte adhesión á súa relixión, condicionarán os diferentes espazos nos que transcorre a súa vida, o que leva a considerar a posibilidade de que exista unha singularidade que caracterice a súa arquitectura e o seu urbanismo. A escaseza de documentación referente á comunidade xudeu-conversa en Galiza, así como a falta de investigación neste ámbito, dende un punto de vista arquitectónico, condicionan a constitución dunha base bibliográfica. Por outro lado, os poucos vestixios que perduran están na súa maioría infravalorados, atópanse en mal estado de conservación e sen inventariar, o que dificulta a busca de características urbanísticas e arquitectónicas únicas da cultura xudaica. Esta dissertação nace co obxectivo de aportar coñecemento a unha área aínda pouco estudada da arquitectura galega e do urbanismo galego. O obxectivo é identificar a forma particular dos asentamentos de xudeus convertidos, así como diferenciar os elementos arquitectónicos da casa xudeu-conversa. A metodoloxía que estrutura a presente investigación, baséase no método histórico. Este está composto por unha investigación documental, cuxa información provén, tanto de fontes escritas como de fontes non escritas, realizándose a través da selección de datos aportados por diversas entrevistas exploratorias e semi-estruturadas. Realízase tamén unha observación directa dos sitios co apoio de dúas técnicas: fotografía e notas de campo. Levouse a cabo unha análise urbana e unha análise arquitectónica, e posteriormente análise comparativa. Será na última parte onde se expoñen todos os resultados despois da súa observación e interpretación. Pese ás dificultades atopadas neste campo de estudo, foi posible identificar padróns urbanos característicos, definindo que os asentamentos urbanos dos barrios xudeus en Galiza, tenden a situarse en torno a unha rúa principal, preto das murallas e das súas portas, así como de centros de poder. Ademais, a malla urbana aínda permanece hoxe visible relacionada coa existencia dos asentamentos xudaicos, caracterizada por posuír rúas sinuosas e angostas, con accesos limitados que pasan intencionadamente desapercibidos. Por outra parte, é necesario inventariar máis estruturas, elementos e símbolos arquitectónicos únicos. Serán necesarios estudos máis profundos para que esta herdanza non desapareza.